En Abril, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota, continúa levando a cabo actividades da súa Programación Formativa da Rede Eusumo.

Trátase de formación en modalidade presencial e gratuíta (porque está financiada con fondos públicos), e ten como meta o fomento do cooperativismo e da economía social.

Están previstos 4 cursos nos Centros da Rede Eusumo ubicados en Vigo e en Razamonde (Ourense). A continuación tedes a relación de cursos que impartiremos.

CENTRO DA REDE EUSUMO – FUNDACIÓN COREN

Carreteira Nacional 120, Vía Provincial O-0410, Nº 41, Razamonde – Cenlle (Ourense)

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA EMPRENDER EN COLECTIVO , para ver o PROGRAMA preme aquí

Datas: 9 a 12 de abril de 2013. Duración: 20 horas. Horario: 10:00 a 15:00 horas.

INSCRICIÓNS, preme AQUÍ

 

¿POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?. HABILIDADES PARA CONTORNOS COOPERATIVOS, para ver o PROGRAMA preme aquí

Datas: 16 a 19 de abril de 2013. Duración: 20 horas. Horario: 10:00 a 15:00 horas.

INSCRICIÓNS, preme AQUÍ

 

 

CENTRO DA REDE EUSUMO – CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO

Rúa República Arxentina, 18 – A. Vigo

ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO

Datas: 2 a 5 de abril de 2013. Duración: 20 horas. Horario: 10:30 a 15:30 horas.

Prazas completas ! Proximamente informaremos de novas edicións deste mesmo obradoiro. E se tes interese contacta con nós.

 

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA EMPRENDER EN COLECTIVO

Datas: 29 e 30 de abril, e 2 e 3 de maio de 2013. Duración: 20 horas. Horario: 10:30 a 15:30 horas.

Prazas completas ! Proximamente informaremos de novas edicións deste mesmo obradoiro. E se tes interese contacta con nós.

 

Máis información :

UGACOTA SANTIAGO

Telf. 981 57 55 78 E-mail: contabilidad@ugacota.org

UGACOTA VIGO

Telf. 986 13 65 92 E-mail: nuria@ugacota.org

 

Colaboran:  Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo- Cámara de Comercio de Vigo – Fundación Coren – Fundación Terra de Trasancos