Aberto o prazo de inscrición para a 4ª edición do curso sobre Comunidades Enerxéticas Renovables

Aberto o prazo de inscrición para a 4ª edición do curso sobre Comunidades Enerxéticas Renovables

Xa está aberta a inscrición na seguinte edición do curso sobre comunidades enerxéticas renovables do proxecto EC4Rural. As persoas interesadas poden inscribirse a través deste formulario online.

En pouco máis dunha semana, a primeira edición do curso sobre comunidades enerxéticas renovables organizado por EC4RURAL cubriu a totalidade das case 50 prazas dispoñibles. Este éxito de convocatoria dá conta do interese da poboación por informarse, e formarse, sobre modelos de produción de enerxía sostibles.

O perfil dos participantes é variado. Entre eles cómpre destacar persoal técnico dos concellos galegos, responsábeis políticos municipais, persoal técnico dos Grupos de Desenvolvemento Rural, técnicos de empresas diversas e, sobre todo, cidadanía.

O programa do curso cobre todos os aspectos relacionados coa transición enerxética comandada polas comunidades locais: desde o significado da cidadanía enerxética e a avaliación da situación enerxética actual en cada localidade, até os procedementos e fórmulas xurídicas para que os concellos, as pequenas e medianas empresas e a cidadanía participen en accións colectivas para a transición enerxética.

Así mesmo, os diferentes modelos de negocio que poden sustentar esas iniciativas colectivas e os procesos técnicos que permiten a súa autorización e legalización conforman a parte final desta formación online.

O curso estrutúrase en 6 módulos que requiren, 24 horas de traballo a través da aula virtual e 48 horas de traballo autónomo por parte dos participantes. Aqueles que cubran todos os módulos recibirán un diploma acreditativo.

Próximos cursos

A esta altura téñense realizado xa 3 edicións virtuais do curso. Está aberta a inscrición para a cuarta edición entre o 28 de xullo e o 25 de agosto de 2025. A cuarta edición do curso comezará o luns 8 de setembro. Este será o formulario da inscrición: https://goo.su/RGQ5TCm

[A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte do proxecto EC4Rural financiado polo programa LIFE: Fomento do compromiso local para a transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas ]

Cartaz curso Comunidades de Enerxía Renovable

 

2025-08-11T10:08:08+02:0011/08/2025|Rede Eusumo, Formación|0 Comments

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Go to Top