A cultura que toca [Culturgal]

A Feira das Industrias Culturais CULTURGAL baixo o lema “A cultura que toca”, celebraráse do 26 ao 28 de novembro de 2021 no Pazo da Cultura de Pontevedra. O venres 26 de novembro será unha xornada orientada aos profesionais do sector e os días 27 e 28 abrirase ao público en xeral.

 

 

A Feira contará co Stand da Economía Social de Galicia que ademais ten unha programación propia, estando situado no posto 113-114 do recinto. Este expositor conxunto de empresas de economía social das industrias culturais, está promovido dende a Consellería de Emprego e Igualdade, e a Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia.

Para o stand e o programa de actividades participan un total de 10 cooperativas (nove socias da Unión de Cooperativas, da Sectorial de Cultura de EspazoCoop) :

E 2 sociedades laborais: 10de10 s.l.l. e Xeneme Innovación Social s.l.l.

O mobiliario do stand foi restaurado pola cooperativa A Factoría Atelier.

PROGRAMACIÓN | STAND DA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA

Sábado 27 de Novembro

Ás 10.45 horas: Encontro da Sectorial Cultural das cooperativas de Espazocoop
Encontro intercooperativo entre as cooperativas socias da Unión de Cooperativas Espazocoop

Ás 13.45 horas no Espazo Foro: Presentación de Museo a ceo aberto, por Cable Inglés s. coop. galega
Marián Fernández, de O Cable Inglés, presenta no Culturgal 2021 o primeiro capítulo da súa serie documental sobre arte urbana en Galicia coa compaña das cooperativistas Clara R. Cordeiro, de 7H Cooperativa Cultural, e Miguel Riaño de Metrópolis s. coop. galega.

Ás 17:00 horas no stand da Economía Social de Galicia​: Presentación de Mitolóxicas, por Miudiño s. coop. galega
A través da narración oral, Judit Santos comparte o novo proxecto da cooperativa, baseado na combinación da bonequería artesanal e a divulgación de seres mitolóxicos, lendas e lugares máxicos do noso país.

Ás 18:30 horas no stand da Economía Social de Galicia​: Presentación e extracto de As Mapoulas, por Laboratorio Escénico s. coop. galega.
As Mapoulas, Premio Luisa Villalta 2021, é unha creación multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Alba Fernández, Miguel González e Carmen Cotelo interpretan un fragmento desta proposta escénica, unha viaxe ficcionada dun feito histórico desde o particular ao universal

Actividade continuada no stand da Economía Social de Galicia:

  • Durante o transcurso da Feira o stand da Economía Social de Galicia albergará a exposición work-in-progress dunha serie de pezas artísticas orixinais e inéditas baseadas na creatividade cooperativa. A fotografía e o debuxo serán o soporte dunha mirada imaxinativa aos distintos recunchos, actividades e persoas que darán vida ao Culturgal 2021.

Domingo 28 de Novembro

Ás 13.00 horas no stand da Economía Social de Galicia: Presentación e avance da V Edición do Festival Elas Son Artistas, por DezdeDez sociedade laboral.
A cantautora Leticia Rey, recente gañadora do concurso de bandas galegas emerxentes Sonidos Mans Salas, é unha das artistas convidadas na V Edición do Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade. Tomi Legido de DezdeDez, codirector e director artístico do festival, presenta un pequeno avance desta nova edición en colaboración coa artista.

Ás 17.00 horas no stand da Economía Social de Galicia: Presentación de Os nosos mares, por Miudiño s. coop. galega
Diego García presenta Os nosos mares, unha publicación da colección “Coñecer para amar” que plasma a riqueza da vida que agocha o mar galego a través de ilustracións e contidos de divulgación medioambiental.

Actividade continuada no stand da Economía Social de Galicia: 

  • Imaxinario sen marco, por 7H Cooperativa Cultural: Durante o transcurso da Feira o stand da Economía Social de Galicia albergará a exposición work-in-progress dunha serie de pezas artísticas orixinais e inéditas baseadas na creatividade cooperativa. A fotografía e o debuxo serán o soporte dunha mira
  • da imaxinativa aos distintos recunchos, actividades e persoas que darán vida ao Culturgal 2021.
  • Xincana cultural de lecturas conscientes, por Catro Ventos Editora s. coop. galega: A editora Catro Ventos pon a disposición das persoas asistentes ao Culturgal unha xincana cultural na que seguindo as pistas facilitadas no stand da economía social (e noutros espazos do sector na feira) as participantes poderán facerse con exemplares de varios títulos das obras desta editora viguesa.

 

[Fonte: web Rede Eusumo – 7H Cooperativa Cultural]