No marco da REDE EUSUMO e programada por AGACA vaise celebrar unha XORNADA SOBRE A LEI 14/2011 DE COOPERATIVAS DE GALICIA:

-Data: 20 de setembro, 16:00 h-20:00 h

-Lugar: Centro da Rede Eusumo na FUNDACIÓN COREN, sito Ctra. Nacional 120, Via Provincial OU-0410 Nº 41 Razamonde (Cenlle)

-Xornada Explicativa/Formativa sobre a Lei 14/2011 de Cooperativas de Galicia

 -Obxectivo: Explicar, e asesorar ás cooperativas de Galicia cara o cumprimento normativo e o pleno aproveitamento das potencialidades que a Lei 14/2011 de cooperativas de Galicia posibilita para unha mellor adecuación do funcionamento das cooperativas en relación cos seus aspectos sociais, económicos e organizativos. Abordarase especialmente as consecuencias de índole práctico dos cambios producidos, avaliando a necesidade ou conveniencia de adaptar os estatutos sociais nos distintos supostos. Deixarase espazo para o coloquio que permita analizar as distintas casuísticas que teñan un alcance e interese de carácter xeral para os asistentes.

Descargar Programa

Confirmen asistencia mediante chamada ó número 981.58.49.11 ou remitindo un correo a montse@agaca.coop