Oferta Formativa CP Autonómico 2011/2012

///Oferta Formativa CP Autonómico 2011/2012

Ugacota - Dirección Xeral de Formación - FSE

 

Aquí atoparás a oferta formativa correspondente ao Contrato Programa Autonómico PF-2011/000102, asinado por UGACOTA e a DIRECCIÓN XERAL de FORMACIÓN e COLOCACIÓN da XUNTA de GALICIA, e cofinanciado polo FONDO SOCIAL EUROPEO.

Este contrato programa enmárcase na Orde do 6 de xuño de 2011 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento. (DOG nº 113, do 14 de xuño de 2011).
O Plan de Formación de UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar a cualificación das persoas socias e traballadoras e a competitividade das Cooperativas e empresas de Economía Social galegas.

Visitando http://ugacota.formadis.es poderás facer a túa solicitude de inscrición aos cursos que ofertamos ou ben acceder a eles unha vez esteas matriculado –a.

Durante o desenvolvemento das accións formativas, contarás co apoio dun-ha titor-a acompañándote ao longo de todo o proceso de aprendizaxe. Animámoste a participar activamente aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrece este portal.

RELACIÓN DE CURSOS OFERTADOS

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO DE UGACOTA.

PLANS DA ECONOMÍA SOCIAL 2011/2012. FINANCIADOS POLA D.X. DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN E COFINANCIADOS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO.

[custom_table]

Nome Curso Modalidade Duración curso Prazas dispoñibles Período execución
A túa empresa na rede. Presenza en web e redes sociais relevantes Teleformación 65 25 Xaneiro – marzo 2012
Planificación estratéxica nas empresas cooperativas: como facer fronte aos retos do futuro Teleformación 80 25 Dec. 2011 – feb. 2012
Dirección e xestión de proxectos Teleformación 95 25 Xaneiro – marzo 2012
A negociación bancaria: aprendendo a reducir custos Distancia 45 25 Dec. 2011 – feb. 2012
Xestión por competencias Teleformación 45 25 Xaneiro – marzo 2012
A xestión das persoas como factor de éxito na empresa Distancia 120 25 Nov.2011 – feb 2012
Comunicación eficaz no proceso de negociación empresarial Distancia 50 25 Xaneiro – marzo 2012
Coñecer os novos comportamentos do consumidor: como facer un estudo de mercado Distancia 65 25 Dec. 2011 – feb. 2012
Xestión do tempo e control do estres laboral Teleformación 55 25 Dec. 2011 – feb. 2012
Técnicas de relación comercial Teleformación 80 25 Dec. 2011 – feb. 2012
Protección de datos de carácter persoal Teleformación 65 25 Nov.2011 – feb 2012
Creatividade e resolución de problemas Distancia 45 25 Dec. 2011 – feb. 2012
Elaboración de memorias de sustentabilidade (gri: global reporting iniciative) Teleformación 89 25 Xaneiro – marzo 2012
Linux básico+avanzado Teleformación 50 25 Dec. 2011 – feb. 2012
Mercadotecnica operacional: ferramenta de futuro para o crecemento das vendas Teleformación 65 25 Xaneiro – marzo 2012
Reciclaxe en técnicas administrativas de oficina Distancia 110 25 Nov.2011 – feb 2012
Protocolo Distancia 50 24 Nov.2011 – feb 2012
Nutrición e dietética Distancia 35 25 Nov.2011 – feb 2012
Openoffice 2.1 (básico) Teleformación 70 25 Xaneiro – marzo 2012
Six aplicado á empresa PRESENCIAL 35 20 Febreiro-marzo 2012
Calidade total, xestión empresarial e produtividade Teleformación 65 25 Xaneiro – marzo 2012
* Cursos gratuítos

[/custom_table]

CURSOS GRATUÍTOS

QUEN PODE PARTICIPAR

Socias e socios traballadores e de traballo e persoas empregadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoas traballadoras actualmente en desemprego.

REQUISITOS

As persoas interesadas, unha vez se lles confirme a participación no curso, deberán aportar a documentación para a xestión da súa matrícula que se lles solicite. A non presentación desta documentación en tempo e forma suporá a baixa no curso.

INSCRICIÓN

http://ugacota.formadis.es

NOTA: NA ACTUALIDADE TODOS OS CURSOS ESTÁN INICIADOS. SEGUIMOS RECIBINDO SOLICITUDES PARA VINDEIRAS CONVOCATORIAS.

2012-02-28T14:27:21+00:00 8/02/2012|Formación, Recursos|Sin comentarios

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies