Vídeo do Ano Internacional das Cooperativas 2025
O ano 2025 foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas Ano Internacional das Cooperativas, baixo o lema “As cooperativas constrúen un mundo mellor”, para destacar o papel fundamental delas cooperativas no desenvolvemento sostible, a erradicación da pobreza e a promoción dun crecemento económico inclusivo.
O Consello Galego de Cooperativas da Xunta de Galicia, órgano consultivo do que EspazoCoop fai parte, elaborou un vídeo que conmemora este fito elaborado con imaxes de distintas cooperativas galegas.
*Imaxe: Fotograma do vídeo Ano Internacional das Cooperativas 2025 (Maier Ferroplast S. Coop. Galega)
VÍDEO (Elaborado por Númax S. Coop. Galega) :
Leave A Comment