No marco do proxecto COOPERA+, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social pon en marcha o Programa Formativo presencial con apoio online, que desenvolve o “Programa de Dinamización do Emprendemento Cooperativo “.

O programa formativo ten como obxectivo promover o desenvolvemento cooperativo, a través non só das persoas axentes de emprego ou axentes intermedias, senón de todas aquelas persoas profesionais adicadas a informar, asesorar e acompañar a futuros cooperativistas, ofrecendo unha formación ampla, xeral e práctica que lles facilitará uns coñecementos teóricos e prácticos acerca da constitución e desenvolvemento dunha cooperativa, e sobre todo, de como realizar asesoramento ás persoas futuras emprendedoras que poidan chegar a atender.

O programa formativo está composto polas seguintes xornadas formativas:

Xornada formativa I: O cooperativismo

Xornada formativa II: Emprender baixo a fórmula cooperativa

Xornada formativa III: Xestión económica financeira e plan de viabilidade

Xornada formativa IV: Obradoiro en habilidades sociais

 

Despois de celebrarse as primeiras xornadas, a última sesión “Obradoiro en habilidades sociais” terá lugar o 14 de marzo en Santiago de Compostela.

Información na web www.cooperamais.org ou no teléfono 981 563 252 (Ana Seoane).