En marzo UGACOTA pon en marcha a súa programación formativa correspondente á convocatoria estatal de formación continua para entidades de economía social, xestionada pola Confederación española de cooperativas de traballo asociado-COCETA. A formación non ten ningún custe xa que está subvencionada.
O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de economía social.
Os cursos van dirixidos a: persoas socias e traballadoras de cooperativas e demais empresas e entidades da economía social, e persoas en desemprego, de Galicia.
As accións realizaranse na modalidade de teleformación e son as seguintes:
Contaplus . 110 horas – Inicio: 25/04/2013
Inglés Profesional Para Actividades Comerciais. 90 horas – Inicio : 04/06/2013
Deseño de Páxina Web. 60 horas. Inicio : 04/06/2013
Photoshop . 80 horas – Inicio: 25/04/2013
Programa Avanzado En Liderazgo e Habilidades Directivas. 150 horas – Inicio : 18/04/2013 (Inscrición pechada)
Marketing 2,0. 90 horas – Inicio: 18/04/2013 (Inscrición pechada)
Programa Avanzado Social Media Management . 120 horas – Inicio: 18/03/2013 (Inscrición pechada)
Cloud Computing. 30 horas – Inicio: 18/04/2013 (Inscrición pechada)
Manipulador de Alimentos. 10 horas – Inicio: 18/03/2013 (Inscrición pechada)
Para ver o programa e preinscribirte nos cursos do teu interese, PREME AQUÍ
[…] información: UGACOTA 42.650000 -8.900000 CompartirLike this:Like […]
Hola:
Son una muller desempegada que non son socia e querería saber si podo optar a teleformación que ofertan e como podo facer para optar a ela.
Moitas gracias
Estimada Sonia:
En relación coa túa consulta, comentarche que as persoas desempregadas tamén podedes participar na formación continua de UGACOTA, se ben o colectivo prioritario son as persoas activas, polo que terás que esperar a ver se finalmente resultas admitida nos cursos en función do número de persoas que se apunten aos mesmos:
Podes inscribirte a través da seguinte páxina:
http://catalogoscursos.formaten.com/catalogos/index/UGACOTA2012
Son gratuitos? Grazas
Os cursos son completamente gratuítos para as persoas participantes.
Saúdos