Informe: “Retos e oportunidades da Economía Prateada en Galicia”
No marco do proxecto ES-FACTORY, EspazoCoop elaborou o Informe de RETOS E OPORTUNIDADES DA ECONOMÍA PRATEADA EN GALICIA. Este informe é unha aproximación á chamada Economía Prateada, trata a súa situación en Galicia e identifica oportunidades de negocio no ámbito da mesma, nos servizos de atención a persoas adultas e servizos sanitarios.
A Unión de Cooperativas fai parte do proxecto de cooperación interrexional “ES-FACTORY”, nun consorcio de socias formado por oito entidades que é liderado pola Xunta de Galicia. O proxecto ten como finalidade o impulso e consolidación do emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo de Galicia e norte de Portugal, co desenvolvemento de iniciativas no marco da economía social.
Consulta e descarga o Informe Retos e oportunidades da Economía Prateada en Galicia:
- Informe: RETOS E OPORTUNIDADES DA ECONOMÍA PRATEADA EN GALICIA (galego)
- Informe: DESAFIOS E OPORTUNIDADES DA ECONOMIA PRATEADA NA GALIZA (portugués)
- Informe: RETOS Y OPORTUNIDADES DE LA ECONOMÍA PLATEADA EN GALICIA (español)
O proxecto ES-FACTORY ten como obxectivos ata 2027:
1. Detectar novas oportunidades e liñas de negocio en actividades emerxentes de Galicia e o norte de Portugal que fomenten a retención e atracción de talento emprendedor.
2. Impulsar a profesionalización do ecosistema emprendedor e potenciar, atraer e reter talento no territorio transfronteirizo.
3. Crear unha Rede de Aceleradoras de Economía Social Transfronteiriza, a través da que se desenvolvan accións formativas para incrementar as capacidades e habilidades; programas de asesoramento e acompañamento; espazos de encontro e de investimento, nos que conectar a oferta coa demanda e os clientes podan avaliar produtos/servizos das persoas emprendedoras.
4. Identificar e promocionar o peso da economía social a través do Observatorio da Economía Social de Galicia e o norte de Portugal.
O proxecto ES-Factory, identifica e actúa en cinco eidos:
- economía azul (mares e océanos)
- economía verde (medio ambiente e enerxías renovables)
- economía prateada (servizos de atención a persoas adultas e servizos sanitarios)
- economía laranxa (artística, ocio e turismo)
- economía amarela (TIC, Big data e AI)
Esta iniciativa conta co apoio e está no marco do programa:
Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.
Leave A Comment