Catálogo COOPS ASESORA
CATÁLOGO DE COOPERATIVAS ASESORÍAS E CONSULTORAS DE ESPAZOCOOP
EspazoCoop é unha unión de cooperativas galegas que agrupa preto de 300 cooperativas de distintos sectores. O modelo predominante é o de traballo asociado, que se demostrou como un motor clave no desenvolvemento económico e social en Galicia. Este tipo de cooperativismo permite xerar emprego estable, de calidade e sostible, sendo especialmente relevante en áreas rurais, onde contribúe a fixar poboación e combater o despoboamento. En Galicia, máis de 12.000 persoas son socias traballadoras de cooperativas de traballo, representando un 4% do total estatal.
O impacto social das cooperativas reflíctese nos seus valores fundamentais, como a igualdade e a integración social, destacando unha significativa participación feminina: o 50% das cooperativas de traballo están presididas por mulleres.
Ademais, EspazoCoop promove o emprendemento en sectores emerxentes e ofrece apoio integral ás súas socias mediante formación, intercooperación e representación ante institucións. Este tecido social e económico impulsa o desenvolvemento comunitario, consolidando o cooperativismo como un alicerce esencial para o futuro de Galicia.
COOPS ASESORA
Entre as cooperativas de EspazoCoop destacan arredor de 30 do ámbito de asesorías e consultoras, organizadas nunha sectorial específica que aglutina e que exemplifica o dinamismo e a capacidade de adaptación do cooperativismo ante os desafíos sociais e económicos.
A xeración deste grupo de cooperativas específico, amosa como o modelo cooperativo xera rede, coñecemento mutuo e a creación de espazos de colaboración e cocreación. Materializando procesos e proxectos de intercooperación como a Marca ExpertCoop.
Permitindo dinamizar e consolidar proxectos que combinan estabilidade laboral, xestión colectiva e un firme compromiso coa profesionalidade e prestación de servizos baixo os principios e valores da Economía Social.
Este catálogo pretende ser unha pequena xanela da diversidade das cooperativas Asesorías e Consultoras que alberga Galicia no seo de EspazoCoop.
Catálogo COOPS ASESORA > neste enlace
Catálogo pechado a 30 de setembro de 2025.
—-
Esta iniciativa enmárcase na programación da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.
—-
Leave A Comment