Se visitas o Parque Nacional das Illas Atlánticas as guías da cooperativa Teixugo orientaranvos sobre este espazo protexido.
E ademais este verán, Simbiose, grupo do que forma parte a cooperativa Teixugo, realiza a atención da Aula de Natureza do Courel.
Teixugo é unha empresa cooperativa froito do traballo en común de varios profesionais procedentes de campos como a Bioloxía, a Educación Ambiental, Maxisterio, Pedagoxía e o Conservacionismo: Teixugo
Na cooperativa apostan polo traballo en rede e a intercooperación, porque o Grupo Simbiose é un proxecto conxunto das empresas Ventos Estudos Ambientais, Teixugo Sociedade Cooperativa e Helios Educación e Xestión Ambiental.