Proposta de ACORDA SOLUCIONA S. Coop. Galega

Adecuación á normativa en materia de Protección de Datos 

Oferta dirixida a: Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop

O servizo de adaptación nesta materia virá exercido a través de CLYDESA (Cliente y Desarrollo), empresa especializada en servicios de Formación, Prevención e Adaptación á Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, con quen a cooperativa socia ACORDA SOLUCIONA ten asinado convenio de colaboración.

 

Oferta para cooperativas socias:
 Desconto do 10% sobre a base impoñible da tarifa habitual en cada caso e para cada cooperativa, que dependerá do seu obxecto e do tipo de datos que trate.

Requisitos para aproveitarse desta oferta:
1. Ser cooperativa socia de EspazoCoop.
2. Localizada en Pontevedra, Ourense ou Lugo: que manexe calquera tipo de datos.
3. Localizada na Coruña: só se manexan datos especialmente sensibles.

Accións que se levarán a cabo neste Servizo:
 Adecuación da actividade da cooperativa cliente, tal e como marcan o Regulamento Xeral de Protección de Datos e a Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais.
 Recepción e xestión de notificacións coa Axencia Española de Protección de Datos.
 Elaboración do Documento de Seguridade (que é obrigatorio) actualizado e acorde coa nova normativa de cada momento, incluíndo tódalas coletillas, cláusulas e contratos que o Responsable (a cooperativa cliente) necesita para o total cumprimento da Lei.
 Elaboración do Rexistro de Actividades de Tratamento conforme ao artigo 30 do RGPD.
 Elaboración dos contratos de Encargado de Tratamento para que o Responsable o faga chegar aos seus provedores de seguridade, mantemento informático e de ordenadores, asesoría, e calquera outro provedor dun servizo directo a modo de Encargado de Tratamento.
 Elaboración de coletilla para facturas, orzamentos, recollida de datos, fichas de Cliente/Paciente/Asociado, etc.
 Elaboración de circulares para empregados (dereito á desconexión dixital) e cláusulas de confidencialidade para colaboradores externos non en plantilla.
 Elaboración do cartel/certificado de protección de datos que se recomenda ter á vista nas instalacións como parte do deber de información.
 Servicio de consultoría técnica por correo electrónico e telefónico incluído dende a elaboración do Documento de Seguridade e ata a seguinte revisión (anual).
 Elaboración de textos legais para a Páxina Web e/ou a App para móbiles, obrigatorias segundo o RGPD europeo e a LOPDGDD.
 Envío de toda a documentación en CD (entrega por mensaxería certificada sen custo).

Demandas a través da UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP : As cooperativas interesadas nestes servizos poden realizar a súa demanda (sen compromiso) premendo neste enlace ou contactar coa Unión.