A cooperativa Feitoría Verde – educación e participación socioambiental – colabora conxuntamente con MaOs no proxecto Ruralactivo, que é un programa promovido polo Concello de Pontevedra para a dinamización socioeconómica das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido. En setembro entre nunha 2ª fase, que chaman *Escola de Coñecementos*, a cal concíbese como unha serie programada de encontros e actividades, deseñada para informar, asesorar e formar a veciñanza ás parroquias. O deseño desta ‘escola formativa’ realizouse a partir das conclusións extraídas na primera fase do Ruralactivo : os faladoiros . Agora se prepara a oferta formativa en turismo rural, agroecoloxía, montes, coidados á infancia e a maiores, ou organización empresarial e financiamento. Tamén ofertan os Estruming Days, un espazo de intercambio a partir de outubro.
Niquelarte entrevistaron a Feitoría Verde e a MaOs no blogue Praza Pública, preme aquí
Ruralactivo nas redes sociais :
https://www.facebook.com/ruralactivo
https://twitter.com/Ruralactivo