Evento de presentación : Turismo de Impacto Positivo
Impulsa o teu negocio turístico a través da sostibilidade
Dende a cooperativa Alén, que organiza este evento, chéganos o convite para participar na presentación de Turismo de Impacto Positivo.
A Concellaría de Promoción Económica e Turismo convídalle ao Evento de presentación C4S: Turismo de Impacto Positivo, unha xornada aberta na que se dará a coñecer o novo Programa de impulso á sostibilidade no turismo C4S, pensado para apoiar aos negocios turísticos locais na integración da sostibilidade como factor diferencial e competitivo.
Durante o evento falarase da relación entre a sostibilidade e o turismo e a súa relevancia actual e daranse a coñecer os obxectivos e fases do programa. Contarase ademais coa participación de Alejandro Sánchez, xerente de Abeiro da Loba, aloxamento turístico referente no impacto positivo local que compartirá a súa experiencia práctica na incorporación da sostibilidade, amosando como xerar valor económico, social e ambiental ao tempo que se fortalece a relación co territorio.
- 25 setembro 2025
- 17:30 h.
- Sala Cervantes, Mercado Municipal. Rúa Cervantes 0, Carballo.
- Inscríbete aquí
Un encontro para coñecer de primeira man como a sostibilidade pode ser unha oportunidade real de innovación, mellora e diferenciación no turismo de Carballo.
O Programa C4S inclúe formación e mentorización de balde para 10 empresas turísticas do Concello, combinando formación presencial colectiva e apoio individualizado. Premando aquí poderá consultar mais detalles do programa e inscribirse (do 25 de setembro ao 9 de outubro).
Para solicitar máis información sobre o evento e o programa, pode poñerse en contacto no número de teléfono 698170240 ou no correo electrónico : c4scarballo@gmail.com
Non perdas a oportunidade de formar parte dun turismo con impacto positivo!
Leave A Comment