REXENERANDO s. coop. galega saca de novo o curso de Xestión e Facilitación de Grupos promovida polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFAC-E). É xa a séptima edición deste Curso Básico, que busca formar persoas que coñezan e integren na súa práctica diaria a revolución que supón aprender a traballar en colectivo.
O Curso será entre outubro do 2019 e xuño do 2020, nun módulo intensivo dunha fin de semana ao mes, farase un achegamento panorámico ás metodoloxías que nos permiten entender os grupos e intervir mellor neles, desde a xestión de conflitos até a gobernanza ou a sabedoría colectiva. Por isto, esta formación está especialmente dirixida a profesionais da educación e o traballo social, a docencia, a mediación xudicial, a terapia, ou o activismo social, entre outros.

Na páxina web e o evento do Facebook atoparás toda a información desta edición, que se celebrará no local do Sindicato Labrego Galego en Santiago de Compostela, baixo a coordinación de César Fernández. Este é o Dossier Informativo para que poidas consultar todos os datos, e a compartas con outras persoas que poidan ter tamén interese nesta formación.

 

Rexenerando están á vosa disposición en info@rexenerando.com ou o 698157414, para resolver dúbidas ou dar máis información.