Algalia, S.Coop.Galega preséntanos este interesante curso que ten comezo inminente. Mais abaixo tes toda a información, anímate e inscríbete!!

Hoxe vos presentamos un curso, que tratará de dar claves do contexto presente e futuro  do sistema de benestar social e das relación entre administración e sector non lucrativo.

Creemos firmemente que estás claves son básicas para asentar as estratexias de sostenibilidade de cada organización.

Para elo contaremos con un experto na materia como é Jose Manuel Fresno, que conta con ampla experiencia en Europa, foi director da Fundación Luis Vives e da Fundación Secretariado Gitano.

 

O impacto da crise nas organizacións de acción social. Estratexias de sostibilidade e supervivencia
Duración: 6 horas Datas: 16/11/2012 – 16/11/2012 Localidade: Santiago de Compostela Máis información
Inscrición ata: 13/11/2012 Prezo: 130 € Subvencionable FTFE: 80 € Inscribirse
En caso de asistencia de máis duhna persoa por entidade se lle aplicará un 20% a partir da segunda inscrición. Os clientes de Algalia terán un desconto do 50% sobre o prezo establecido. Os descontos non son acumulables.

 

Os cursos, que así se indiquen, serán bonificables a través da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego (FTFE). Os importes subvencionados indicados son unha referencia de mínimos, xa que o importe exacto dependerá da situación concreta de cada entidade. Para poder ofrecer unha información personalizada, non dubide en pórse en contacto con nos.

Máis información no 902 905 123, preguntando por Lupe ou no correo electrónico algalia@algalia.com