A cooperativa Ailuro Cat Café ofrece actividades de Team Building para calquera empresa interesada

Ailuro Cat Café S. Coop. Galega é unha cafetería e casa de acollida de gatos en adopción que ofrece ademáis diversos talleres e actividades. Agora tamén queren implementar a posibilidade de que calquera empresa interesada poida levar o seu equipo para pasar un bo rato cos gatiños.

Para participar desta fantástica experiencia só teredes que escribir á súa dirección de email para concretar a data, o tamaño do grupo e as actividades que se queran realizar (dende simplemente un almorzo tranquilo a dinámicas e xogos). O Team building poderá levarse a cabo de martes a domingo polas mañás (de 10:30 a 13:30), os grupos deberán ser de entre 7 e 15 persoas e o prezo dependerá das actividades que se contraten.

Os métodos de construción de equipos melloran a colaboración, a comunicación, a confianza, e fomentan un ambiente de traballo positivo e cohesionado moi acorde cunha filosofía cooperativista!

Pasádevos a facer equipo en Ailuro Cat Café!

Contacto: ailurocatcafe@gmail.com

Onde están?: Na rúa Emilia Pardo Bazán 34, en Vigo.