A Federació de Cooperatives d’Ensenyament de Catalunya, FeCEC, é a corresponsable de organizar o XVII Congreso de Cooperativas de Ensino da Unión Española de Cooperativas de Ensino, UECoE. O tema sobre o que se focalizará este congreso son as emocións. Así baixo o lema:
A emoción de educar. Emociona-t
darán a coñecer como as escolas cooperativas integran ou deberían integrar a xestión das emocións no seu proxecto curricular.
O congreso bienal é o punto de encontro de todas as persoas que fan posible as escolas cooperativas.
Ten a vontade de compartir experiencias, inquietudes e establecer liñas de traballo comúns das cooperativas de ensino que hai en España e as súas organizacións asociativas.
As datas son o 19, 20 e 21 de Outubro de 2016, en Salou (Tarragona) que será a ciudade que acollerá o congreso e concretamente o Teatre Auditori de Salou, TAS.
Unha delegación galega participará no Congreso nesas datas, asistirán representantes de cooperativas de ensino galegas e da asociación de cooperativas de ensino Ucetag.
Máis información: AQUÍ – Web do XVII Congreso de Uecoe)