Amtega organiza un novo seminario “Xestión integral de empresas con software libre”, será o 20 de novembro, de 16:00h a 20:00h,
Destinatarios:
Autónomos/as e micro, pequena e mediana empresa (perfil directivo, xestor, mandos intermedios ou responsables de departamento informático)
Descrición:
Esta actividade retrasmítese por Streaming.
Os asistentes poderán coñecer as alternativas en software libre para a xestión integral dunha empresa e comprobarán de primeira man as vantaxes de aplicar estas solucións ao seu negocio, dende a completa integración dunha tenda en internet ata a xestión contable e financeira da empresa, pasando polos clientes, os provedores, os pedidos ou a xestión do almacén.
Inscricións : Tel: 881 995200 – cdtic@xunta.es
Máis información e programa, fai clic aquí