A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, a través da súa Oficina de Fomento Cooperativo, organiza unha visita á cooperativa forestal Xesforesta. Será o sábado 5 de outubro de 10 a 13.30 h.
Esta cooperativa, socia da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota, desenvolve a súa actividade nos ámbitos naturais e paisaxísticos da nosa comunidade autónoma, promovendo unha xestión responsable dos recursos, respectando a multifuncionalidade do monte e contribuíndo de igual modo ao benestar da contorna de traballo.
Esta visita, de carácter gratuíto, enmárcase dentro dun programa de visitas a diversas cooperativas que se desenvolverán durante o mes de outubro.