A Fundación Corresponsables lanza os V Premios Corresponsables, en España e Latinoamérica, con esta edición consolidan o seu marcado carácter internacional, conseguindo así unha maior difusión e repercusión.
CEPES leva colaborando varios anos coa Fundación para difundir estes premios, e lembramos que en edicións anteriores houbo empresas da Economía Social premiadas.
Os galardóns, distinguirán as mellores iniciativas e boas prácticas en Responsabilidade Social e Sostenibilidade. Os principais criterios a ter en conta durante a valoración das iniciativas serán: a creatividade, a innovación, a alineación da iniciativa coa actividade básica da entidade, a sostenibilidade, a comunicación realizada e a creación de valor compartido.
Os premios están abertos a todo tipo de organizacións desde grandes empresas, Pemes, Micropemes e Autónomos/as, entidades sen ánimo de lucro (grandes, medianas e pequenas) e administracións e entidades públicas de cualquera país de Latinoamérica e España.
Prazo de presentación de candidaturas : 11 de abril de 2014 .
Fai clic aquí : Bases dos premios e inscricións
Haberá tamén un Premio Corresponsables Ramón Mullerat á traxectoria persoal na difusión da Responsabilidade Social e á Sostenibilidade, en memoria de quen foi presidente do xurado desde o inicio dos premios e unha figura de especial relevancia na difusión da Responsabilidade social e a Sostenibilidade.