Unha delegación da Sectorial de Cultura de EspazoCoop asiste aos Eventos de CULTSOS

 

 

Os días 10, 11 e 12 de xuño celebráronse os Eventos de CULTSOS en Bilbao e Madrid, con presenza dunha delegación da Sectorial de Cultura de EspazoCoop, coas cooperativas: O Cable Inglés, Urdime, 7H Cooperativa Cultural, Xeitura, e Tako Group.

CULTSOS: Cultura Social e Sostible, é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e a aliñeación cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, trátase dun proxecto no marco do programa PERTE da Cultura, no que ven participando a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, xunto as entidades: Kultiba S. Coop, REDS, Goiena Komunikazio Taldea S.Coop., Mondragon Lingua Alecop S.Coop., Isea S.Coop. e Garapen.

Durante 3 días a delegación galega asiste á programación destes eventos, que foi conformada pola seguinte axenda de actividades:

O martes 10 de xuño en Bilbao, celébrase a xornada “Cooperación no sector cultural e creativo”, con presenza galega na mesa sobre economía social: un modelo sostible para os sectores culturais e creativos, na que interveñen a Directora xeral de economía social (Xunta de Galicia), Marta Mariño, e a Directora de EspazoCoop Lucía Mendoza, xunto a representantes do Goberno Vasco, Elkar-Lan S. Coop., Kofekoop Confederación de Cooperativas de Euskadi, e ASLE a Agrupación de Sociedades Laborais de Euskadi.

Na sesión da tarde desenvolveuse a Misión Comercial Galicia-Euskadi, un encontro entre cooperativas galegas e vascas de intercambio, no que se visita o proxecto cultural Wikitoki.

O mércores 11 de xuño en Bilbao, organizado por Kultiba, celebrouse unha sesión para dar a coñecer as liñas mestras das políticas culturais que se están impulsando dende o Goberno Vasco, e coñecer iniciativas e proxectos establecidos na Illa de Zorrozaurre, como IED-Kunsthal e Pabellón 6. Nesta actividade participaron representantes do Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno Vasco, Kultiba, EspazoCoop, Garapen, cooperativas de Galicia e axentes culturais de Euskadi.

O último día dos eventos, o xoves 12 de xuño, xa na cidade de Madrid, celébrase a xornada “Cultura Sostible: Claves de futuro e ferramentas para a acción”, organizada por Red Española para el Desarrollo Sostenible (REDS-SDSN Spain), e coa participación do Ministerio de Cultura,  estivo integrada pola mesa: A cultura como motor de desenvolvemento sostible (con representantes do Ministerio de Cultura, Laboral Art Center, e o Observatorio Cultural da Universidade de Valencia), unha charla sobre a creación de narrativas e proxectos culturais aliñados cos ODS (cunha consultora especializada na Axenda 2030), e un taller sobre como incorporar criterios de desenvovemento sostible en proxectos culturais.

Na tarde desenvolveuse a Misión comercial Galicia-Madrid, coa visita ao proxecto cultural Teatro del Barrio por parte das cooperativas galegas.

Coas misións comerciais de Bilbao e Madrid, buscouse reunir a diferentes empresas da economía social do sector cultural de Galicia, Euskadi e Madrid, para explorar novas oportunidades de negocio, dar a coñecer produtos e servizos do tecido galego, vasco e madrileño, para promover actividade económica, ampliar mercados, contactos e gañar experiencia, en definitiva facer un sector cultural máis forte e cooperativo.

Web de CULTSOS aquí 

Galería de fotos dos Eventos Cultsos, realizadas por: Tako Group S. Coop. Galega

O pase de diapositivas require JavaScript.