UGACOTA, xunto coa Dirección Xeral de Relacións Laborais, o Consello Galego de Cooperativas , as asociacións representativas do sector cooperativo galego, e a Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado COCETA, participou na Feira Expo 2012, organizada pola Alianza Internacional de Cooperativas en Manchester.
Con motivo da celebración do Ano Internacional das Cooperativas, declarado así pola ONU, estanse a celebrar múltiples actividades para dar a coñecer experiencias e boas prácticas nos aspectos económicos e sociais que destacan pola posta en práctica de valores cooperativos
A Feira Expo 2012 constitúe o evento central do Ano Internacional das Cooperativas e á súa vez é a feira mais importante do mundo destinada a promover os produtos e servizos cooperativos. Nela participaron cooperativas de distintos sectores, organizacións de apoio ao sector cooperativo tanto públicas como privadas e provedores e público destinatario dos produtos e servizos cooperativos.
Os obxectivos desta iniciativa son:
Promocionar o crecemento e desenvolvemento das cooperativas.
Expandir o comercio intercooperativo.
Desenvolvemento comercial: novas oportunidades de negocio, redes e consolidación dos contactos de negocio.
Dar maior visibilidade ó sector cooperativo.
Presentar os valores e principios cooperativos nos negocios e o argumento de por que os compradores deben facer negocio coas cooperativas.
Facilitar o acceso ás tecnoloxías e tendencias profesionais.
Informar sobre produtos cooperativos e provedores de diferentes partes do mundo.