O sábado 13 de xuño de 2015 Coop57 SCCL, servizos financeiros éticos e solidarios, celebra a súa Asemblea Xeral 2015 da sección territorial de Galicia, será en Santiago de Compostela, e participará nela UGACOTA, en calidade de socia de servizos.
Citar que o ano 2014 Coop57 pechou cunha evolución progresiva en distintos aspectos: 639 entidades socias, e 3.010 socias colaboradoras no conxunto do territorio español. Delas, en Galicia, 33 entidades socias e 137 socias colaboradas.
En conxunto, durante o 2014 houbo un crecemento de 3.618.614 € das achegas das entidades e persoas socias, de tal xeito que se ten chegao á cifra de 24.703.597 € xestionados. Respecto á actividade crediticia, concedéronse préstamos por un volume de 8.668.153 €, cifra que representa un incremento do 38,65% respecto ao 2013. En Coop57 Galiza, 2014 péchase con 806.173 € de achegas totais das socias, e o volume de préstamos concedidos 509.000 €.
Nesta Asemblea presentarase, debatirase e será sometida a aprobación : a Memoria Social 2014, as Contas Anuais e a Imputación de Resultado Económico 2014.
Ademais trataranse outros temas, como :
– os novos servizos da cooperativa (financiamento de vivendas, en réxime cooperativo, ou a capitalización de cooperativas e sociedades laborais)
– a incorporación de socias de traballo
– as conclusións de Encontro 2015 de Coop57 celebrado en Zaragoza
– a actividade na sección galega no 1º semestre 2015, e a previsión do 2º semestre
– información sobre as modificacións estatutarias
– ou a constitución dunha nova sección territorial de Coop57: Koop57 Euskal Herria.
A asemblea do día 13 de xuño, vai ser a antesala e preparatoria, así como as que se celebren nas seccións doutros territorios, da Asemblea Xeral da cooperativa Coop57, prevista para o sábado 20 de xuño de 2015 en Ondarroa (con motivo da constitución da nova sección Koop57 Euskal Herria), e nela participarán as delegadas da sección territorial de Galicia.