O pasado 22 de abril tivo lugar, no Concello da Coruña, o acto de entrega das licenzas para a participación no Mercado que o vindeiro 31 de maio porá broche final a edición 2013/2014 do Programa Semente.
Nesta edición, UGACOTA está a colaborar co Concello da Coruña na formación dos e das cooperativistas, preto de 400 nenos e nenas de entre 8 e 12 anos, de 12 centros educativos da cidade, que participan nas 21 cooperativas que estarán presentes no Mercado o día 31.
Dende o inicio do curso, estes precoces cooperativistas veñen desenvolvendo unha intensa actividade: coñecer a fórmula, autoorganizarse elixindo os seus órganos de representación, decidindo os produtos que están a elaborar para poñer a venda no Mercado, para o que tamén están recibindo formación.
No acto de entrega das licenzas, os pasado martes, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira gabou o seu entusiasmo a prol do emprendemento.
Mais información: http://www.sementecoruna.com/