A Unión de Cooperatias de Traballo Asociado UGACOTA participa no proceso de elaboración do Plan Local de Emprego do Concello de Santiago de Compostela.
Estase a participar na mesa de Economía Social e Emprego Protexido e tamén na mesa de Responsabilidade Social Empresarial. Os traballos do Plan organízanse a través da participación en distintas mesas temáticas nas que se definen obxectivos e propostas, os resultados de tódalas mesas xuntarase para configurar un Documento de Propostas.
O proceso de elaboración do Plan Local de Emprego pecharase coa celebración o 5 e 6 de novembro do Foro Aberto de Participación Cidadá, no que poder exercer a participación activa de tódalas persoas interesadas de Santiago de Compostela, para dar a coñecer o traballo realizado, recoller e realizar novas achegas e priorizar as propostas.