O martes 28 de maio celebrouse,no Pazo de Congresos de Santiago, a edición número sete do Día do Emprendedor.

O Día do Emprendedor está organizado pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape, co obxectivo de achegar as persoas emprendedoras e novas empresarias as habilidades e os recursos existentes para apoiar a posta en marcha de novas empresas e conseguir a súa consolidación ou a súa internacionalización.

 

Na súa edición deste ano, o Día Emprendedor de Galicia incluirá itinerarios para mostrar exemplos de emprendemento con éxito, para promover novas oportunidades de creación de empresas, para amosar as diferentes vías de acceso ao financiamento, para adestrar a novos emprendedores nas habilidades necesarias para poñer en marcha novas empresas, ou sobre a importancia e as posibilidades da cooperación no eido do emprendemento.

Ugacota estivo presente no stand institucional que o Consello Galego de Cooperativas tivo na  xornada. Recibimos e atendemos ás persoas visitantes que se achegaron interesándose pola fórmula cooperativa.

 

 

O pase de diapositivas require JavaScript.