Ugacota mantén dende finais de 2014 un Convenio de Colaboración coa Fundación Érguete-Integración. Esta entidade impulsa un programa de integración laboral (Incorpora) co que colabora Ugacota para fomentar a contratación e a formación de colectivos en maior desvantaxe social.
Neste contexto, esta semana, o 8 de xullo, a Unión impartiu un Obradoiro de Cooperativismo na sede da Fundación Érguete en Vigo. A actividade formativa tivo unha duración de 5 horas, e foi destinada a un colectivo de persoas en situación de vulnerabilidade.
Lembramos, ademais, que o Programa Incorpora ofrece un servizo gratuíto de información e asesoramiento especializado a Ugacota e ás súas cooperativas asociadas, sobre accións de responsabilidade social corporativa, e sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción laboral e en situación de vulnerabilidade.