Simbiosis imparte este curso on-line con apoio titorial persoalizado, está acreditado polo Sistema Nacional de Saúde con 3,8 créditos de formación continuada para profesionais sanitarias para licenciaturas ou grao en veterinaria. Ofrecen ademais un 10% de desconto a socias da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota.
Datas: do 1 de outubro ao 1 de decembro de 2015 (40 horas lectivas). Podedes consultar a posibilidade doutras datas.
A trazabilidade é obrigatoria para todo tipo de empresas do sector alimentario, independentemente do volume de negocio: comercio minorista de alimentación, talleres artesás, industria de transformación de produtos, sector de restauración e hostalería, empresas de transporte de alimentos…
Curso dirixido a : quen traballe no sector alimentario e desexe implantar un sistema de trazabilidade na empresa, sen importar volume de negocio: empresariado, persoal de xerencia, responsables de calidade, persoal informático e programador para o desenvolvemento de sistemas informáticos, economistas, avogados/as que se adiquen a temas relacionados coa sanidade e seguridade alimentaria… De especial interese para veterinarios/as, enxeñeiros/as técnicos agrícolas, biólogos/as, tecnólogos/as dos alimentos e profesionais afíns.
Trazabilidade é : “a posibilidade de atopar e seguir o rastro, a través de todas as etapas de produción, transformación e distribución, dun alimento, un penso, un animal destinado á produción de alimentos ou a unha sustancia, destinados a ser incorporados en alimentos ou pensos ou con probabilidade de selo”.
Para saber máis sobre este curso, fai clic aquí