A cooperativa de traballo Sonaxe xestiona a Escola de Música do Concello de Boiro, e en xullo realizará 2 talleres creativos – musicais, o fin, achegar a música a todos os nenos/as e mozas/os que estean en Boiro durante este verán : UN VERÁN CA MÚSICA .
Taller : Intercambio de sons – do 10 ao 20 de xullo de 10-14 h. para nenas/os e mozas/os de 10 a 20 anos
As participantes, ca axuda dos mestres / as , aprenderán a dinámica do ensaio en grupo e a tocar en conxunto o repertorio elixido. Tratase de poñer en práctica os seus coñecementos musicais ao tempo que se axusta á practica en conxunto. A aprendizaxe complétase coa gravación e posta en escea do repertorio.
Prezo: 54 €/persoa
Taller: A música na nosa contorna – do 22 ao 27 de xullo de 10-14 h. para nenos/as de 9 a 14 anos
As participantes poderán coñecer de primeira man a música que as rodea ou que estivo presente nos lugares que visitaremos. A música na prehistoria, o castro de Neixón, instrumentos de refugallo, audicións, a música tradicional… Son actividades que realizaremos ao longo destes 5 días.
Prezo: 52 €/persoa
O prazo de matriculación para as dúas actividades levarase a cabo durante todo o mes de xuño no enderezo electrónico xerencia@sonaxe.com – info@sonaxe.com ou no teléfonos 655.700.104. (A actividade non se levará a cabo se non se cobren as prazas).
www.sonaxe.com