A Cooperativa Tagen Ata ten como unha das súas actividades principais a creación de contidos dixitais educativos e a impartición de formación. Diríxense a diferentes colectivos, facilitando a realización dos seus cursos independentemente da localización xeográfica do alumnado, ao impartilos na modalidade de teleformación.

Na súa liña de traballo, veñen de presentarnos a súa nova web de formación: formacionenrede.com

Formacionenrede.com é unha plataforma na que Tagen Ata nos oferta a súa programación de cursos en liña, dirixidos a cooperativistas, a comunidade universitaria, ou a persoas individuais interesadas en formarse.

Dentro da súa oferta, destacamos o abano de recursos que ofrecen, tanto nas temáticas dos cursos, como no formato nas que se propoñen: cursos en liña con titoría, cursos de balde, plataformas de teleformación ad hoc , páxinas educativas. Compre destacar o apartado aberto á colaboración para dar forma, impartir e elaborar novos contidos formativos.