A Escola de Relacións Laborais da Universidade da Coruña e a cooperativa Tagen Ata abren este curso 2016-2017 coa presentación dun novo paquete de cursos online dirixidos ao seu alumnado da ERLAC, da UDC, do ámbito das relacións laborais ou ao alumnado interesado en xeral.
Coa idea de achegar a formación en economía social e xestión innovadora de empresas e cooperativas, a ERLAC e Tagen Ata apostan outro novo curso pola formación en rede actualizada e adaptada ás necesidades de hoxe.
Abriuse o prazo de inscrición para os cursos que se impartirán do 25 de outubro ao 15 de decembro de 2016.
- Conciliación da vida persoal, familiar e laboral, 30 h.
- Iniciación á cooperativa de traballo, 34 h.
- Como elaborar un plan de empresa, 65 h.
- Dirección e xestión de proxectos, 75 h.
Fai clic: http://formacionenrede.com/cursos-online-erlac-tagen-ata/