A Federación de Cooperativas Sinerxia inicia unha Campaña de Subscrición de Avais Mancomunados persoais e non patrimoniais, co fin de solicitar un préstamo financeiro a Coop57 por un total de 18.000,00 €, a 12 meses. Podes colaborar antes do 1 de setembro de 2015.
Por que se realiza?
Para financiar os gastos normais de funcionamento e o programa de actividades 2015-2016 da Federación.
Entre os requisitos para poder ter acceso a este financiamento, está a subscrición de avais mancomunados persoais e non patrimoniais por importe do que se solicita.
A maior número de subscritoras/es de aval, menor risco da operación financeira, e, maior visibilización do respaldo social co que conta a Federación.
En que consiste ?
Trátase dun compromiso persoal que non supón desembolso de diñeiro para as avalistas. E só no caso de que a entidade solicitante do préstamo non poidera afrontar a súa devolución, cada avalista responde pola parte que avale.
– Informe explicativo da Campaña de Subscrición de Avais Mancomunados
– Modelo de Subscrición de Aval Mancomunado
Información sobre a Federación:
– Certificado, acordo de solicitude de préstamo
Colabora antes do 1 de setembro de 2015.
Para máis información e confirmacións de subscricións á Campaña, podedes dirixirvos á xerencia de Sinerxia: 986 896 526 – 673 524 748 – sinerxia@sinerxia.org (Persoa de contacto: Ramón Carmelo Rodríguez).