Curso “Xestión de alérxenos en empresas do sector alimentario”, o próximo 30 de abril de 2015 (xoves), impartido por Simpiosis s. coop. galega nas súas instalacións en A Coruña, en horario de 10:00-14:00 horas.
Aprenderedes cales son as diferencias entre as intolerancias e as alerxias alimentarias e as súas principais consecuencias, cales son as sustancias que producen a maioría das alerxias e intolerancias alimentarias, e cales de elas é obrigatorio declarar tanto nas etiquetas dos alimentos envasados como nas cartas dos restaurantes.
Veredes tamén, como implantar un sistema de xestión de alérxenos nos establecementos e industrias alimentarias, e por último como declarar os alérxenos incluídos no anexo II do Regulamento da UE 1169/2011, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor/a tanto en alimentos envasados como non envasados, especialmente nas cartas dos restaurantes.
Máis info, facendo clic aquí.