O programa SEMENTE do Concello de A Coruña, que impulsa accións de difusión do cooperativismo entre o alumnado de centros de ensino, e no que EspazoCoop está colaborando en tarefas de coordinación, tivo a pasada semana o acto público de entrega de licenzas entre as rapazas e rapaces participantes.
O alcalde do Concello de A Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participaron o 17 de abril, no acto de entrega de licenzas de venda ás cooperativas formadas por rapaces e rapazas de 9 centros educativos da cidade dentro do proxecto Semente.
Semente é unha iniciativa posta en marcha polo Concello da Coruña e na que participan os centros CEIP Fernández Latorre, o Sal Lence, Cid, Karbo e Jesuitinas, así como os centros de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes, Nosa Señora do Rosario e María Mariño, ademais da aula de educación especial da Grande Obra.
O programa Semente naceu coa intención de que o alumnado obteña coñecementos sobre a posta en marcha dunha empresa cooperativa e os pasos necesarios a dar para deseñar e levar a termo proxectos de emprendemento, a través dunha metodoloxía adaptada ao colectivo de xente nova.
O programa rematará, como todos os anos, coa celebración do ‘Mercado da Semente’, onde os centros educativos exporán e venderán os produtos elaborados. Será o próximo venres 25 de maio na Praza de María Pita.
Galería de fotos acto 17/04/18 – facebook Concello A Coruña
Fonte: Redes Concello A Coruña