Campaña:
Renda Mínima SI: Pon os teus prexuízos en corentena
Vía EAPN Galicia
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop sumámonos á Campaña preparada e impulsada por EAPN para defender a necesidade dunha Renda Mínima en xeral entendida como un dereito subxectivo das persoas e familias que se atopan en pobreza ou exclusión e como un requisito para o desenvolvemento económico e a saída da crise e especificamente o modelo de Renda Mínima estatal que defenden desde hai anos.
Segundo comentan dende a presidencia de EAPN Galicia, “preparámola con urxencia ante a nosa extrema preocupación polo aumento brutal e interesado do discurso do odio, a difusión de bulos e mensaxes de carácter aporofóbico e que agreden á práctica totalidade das persoas coas que traballamos”.
En EspazoCoop apoiamos o Manifesto que podes coñecer aquí e invitamos a sumarse a outras organizacións, cooperativas, entidades, colectivos e plataformas, en especial ás vinculadas á economía cooperativa, social e solidaria.
Segundo EAPN a Renda Básica Mínina debe:
- Eliminar a pobreza severa e reducir a pobreza relativa, proporcionando aos fogares sen ingresos ou con ingresos por debaixo do umbral da pobreza, unha renda que lles permita saír de tal situación.
- Eliminar a pobreza infantil mediante un complemento por hillo/a a cargo, para todos os hogares que estén por debaixo do umbral de pobreza.
- Asegurar unha vivienda digna para os fogares en pobreza, mediante un complemento por vivenda, nos casos nos que non se disponga dunha vivienda axeitada.
- Incrementar a inclusión social, establecendo itinerarios sociolaborais personalizados, con perspectiva de xénero, para favorecer a reincorporación ao mercado de traballo das persoas beneficiarias que estén en condicións de traballar.
- Debe ser un sistema áxil e accesible que permita que calquera persoa que o necesite poda acceder e desenvolver o proceso de solicitude sen trabas burocráticas, e asegurando que se dispón dos apoios necesarios para atender calquera dificultade de comprensión e conexión dixital.
COMO SE PODE APOIAR?
Asumindo o manifesto e difundindo a campaña nas redes sociais tal e como nos propoñen mediante os materiais e mensaxes ou moito mellor enriquecéndoa como creades conveniente, para reflexionar e responder a estas preguntas:
-A quen beneficia a renda mínima?
-Por que necesito unha renda mínima?
-Por que beneficia á sociedade no seu conxunto?
Tamén invitando a sumarse a outras organizacións e plataformas, e mesmo gravando un vídeo de apoio á campaña en nome da entidade (máximo 30″) para subilo ás redes sociais.
A campaña estará activa dende o 13 de maio ata o 21 de maio, así que hai tempo. E pensan que seguro haberá que retomala máis adiante.
Para consultar a presentación da Campaña Renda Mínima SI, preme aquí
Toda a información e materiais para sumarse, premendo aquí
Renda Mínima SI: Pon os teus prexuízos en corentena
#RendaMínimaSi