Dende a  Cooperativa de Cine e Documental, S.Coop Galega infórmannos que a próxima semana un equipo de rodaxe partirá cara a Marrocos con obxecto de finalizar a rodaxe  do  documental “ALPUXARRAS”.

Durante os anos 2013  e 2014 realizaron gravacións en diferentes localizacións de Galicia – Coruña, Lugo, Ourense-, León –Maragatería-, Asturias –Taramundi-, e Valladolid –Simancas, Toledo, Córdoba,  Granada -Alpuxarra granadina. O periplo remata agora no norte de África con dúas entrevistas e unha gravación de Música andalusí.

Con estas gravacións practicamente xa estaría rematada a rodaxe e no mes de novembro comezarán a primeira montaxe así coma a planificación dos traballos de selección de arquivos (cadros, fotos e documentos históricos que recompilaron en distintos museos, padroados ou bibliotecas) e a infografía que necesite o mesmo.

 

Agardan que o remate final da edición do documental poida ser para o mes de marzo de 2015.