Dende Catro Ventos Editora S. Coop. Galega, cooperativa que forma parte da unión, chéganos esta proposta na que nos recomendan os seus libros para o espazo da biblioteca (nas cooperativas de ensino en especial), e tamén para outras cooperativas asociadas a EspazoCoop, ás que Catro Ventos vos aplicaría un desconto pola vosa condición de asociadas.
Nas súas obras abordar temas como a ecoloxía, o consumo responsable, a economía social e os dereitos humanos, e aplican un enfoque divulgativo e actual. Os seus libros tratan estes temas con termos claros, facilmente comprensibles e, naturalmente, en galego.
Se o profesorado dos colexios cooperativos estades a buscar un soporte educativo impreso, visualmente atractivo e sinxelo de comprender, recoméndanvos estas obras para as distintas etapas educativas:
Primaria:
· Así é a ditadura: libro ilustrado en que se explica aos nenos e ás nenas, de xeito sinxelo, claro e visual, en que consiste a ditadura, con temas como a liberdade de opinión, liberdade de prensa, igualdade social…
· As mulleres e os homes: libro ilustrado para que as nenas e os nenos entendan que as mulleres e os homes son persoas iguais con sexo diferente.
ESO:
· Xuízo aos humanos: fábula divertida en que os animais someten o ser humano a xuízo. Trátanse temas como o benestar animal, a crise da biodiversidade e o coidado do medio natural.
Bacharelato:
· O libro dos océanos: libro de divulgación ilustrado co fin de que as mozas e os mozos comprendan e cuestionen a relación entre o ser humano e os ecosistemas mariños. Organízase derredor de cinco eixos temáticos: cambio climático, sobrepesca, biodiversidade, explotación industrial e contaminación.
· Transición ecolóxica: manual de uso para tomar consciencia do impacto das nosas decisións de consumo sobre a natureza e os demais humanos. Fala do cambio climático, a banca ética, as formas de economía social, o consumo enerxético…
Na seguinte ligazón podedes consultar o seu catálogo e mesmo ver algunhas páxinas de cada un dos libros: http://catroventos.gal. Podedes adquirir as obras a través da súa páxima web na mesma ligazón. Por ser membros da Unión de Cooperativas EspazoCoop tedes un desconto do 5%, para aplicalo hai que utilizar un código, contacta con Catro Ventos – Alicia Rodríguez – e facilitarancho, tel.: 669 69 58 24 | mail: pedidos@catroventos.gal