A través do grupo cooperativo O Tendal, formado por varias cooperativas socias da nosa unión Espazocoop, chéganos esta iniciativa. Infórmate, pode interesarte, se é así amosade o voso interese nos contactos que se indican. Espazocoop fai parte do Grupo de Apoio desta convocatoria.
Se estades interesadas en facer parte neste proxecto, indicádenolo antes do 1 de marzo (ana.lorenzo@cidadania.coop ou nos teléfonos que veñen máis abaixo). Deste xeito poderemos darlle o primeiro impulso solicitando as axudas de intercooperación que están actualmente abertas. Ánimo e Luz para a economía social galega! |
|||||||||||||||||||||
O Marketplace da economía social galega
|
|||||||||||||||||||||
Que? O marketplace da economía social galega é unha plataforma común de venda en liña na que entidades da economía social poñen en venda os seus produtos e servizos. Viría sendo como o Amazon da economía social galega. O mantemento e xestión son levados a cabo por un equipo profesional especializado: técnico informático, de comunicación e marketing e de loxística para os envíos. Este equipo confórmano cooperativistas do proxecto O Tendal, Luz para os teus produtos. |
|||||||||||||||||||||
Por que? O comercio electrónico vai crecendo imparable, pero as entidades da economía social teñen dificultades para subirse a este carro e para manterse nel: |
|||||||||||||||||||||
> Dificultades de investimento para articular tendas en liña.
> Dificultades para posicionar ditas tendas e captar público. > Dificultades de loxística. > Falta de especialización profesional e de recursos e dedicación suficientes para manter as tendas atendidas. |
|||||||||||||||||||||
Un marketplace común supón economías de escala, permitindo que sexa un equipo profesional quen se encargue da xestión e actualización permantente, e optimizando os esforzos de comunicación e marketing. Descarga ás entidades da economía social do esforzo de soster esta infraestrutura, e sostense a través de cuotas ou porcentaxes de venda, o que permite superar as barreiras de investimento inicial. |
|||||||||||||||||||||
Para que? O marketplace da economía social galega servirá para facilitar o acceso das entidades da economía social ao comercio electrónico, resolvendo de forma conxunta e profesionalizada os aspectos técnicos e os aspectos de publicidade e márketing necesarios para vender. O marketplace incrementará as vendas das entidades da economía social, posicionandoas no comercio electrónico de forma sostible. Pola súa parte, promoverá a visibilización do sector da economía social e facilitará ás persoas poder facer un consumo responsable. En torno a unha ferramenta concreta de comercio electrónico, as entidades intercooperan para vender mellor. O contacto das entidades da economía social entre si (e co equipo profesional, que tamén pertence á economía social) permitirá detectar e resolver en común outras posibles barreiras para a comercialización: cuestións de comunicación, empaquetados, xestión de imaxe, etc. |
|||||||||||||||||||||
Para quen? A plataforma é un instrumento para as entidades da economía social galega. Inclúe cooperativas, sociedades laborais e iniciativas que poñen en práctica os valores da economía social: moda ética, produción ecolóxica, inclusión social, revitalización do medio rural, etc. Estas entidades teñen moitos valores que achegar á sociedade, pero soen ter grandes dificultades para darse a coñecer, para conseguir que se valoren as súas achegas. A plataforma sitúa ás entidades no comercio electrónico e presenta o seu valor social e económico diferencial. Para as persoas consumidoras, a plataforma facilita o consumo responsable e o apoio á economía social galega. |
|||||||||||||||||||||
Como? Para poñer a andar o marketplace da economía social galega precísase dun esforzo inicial importante. Por unha parte, é preciso realizar os estudos necesarios para articular as formas óptimas de xestión e loxística, para enfocar a campaña de marketing e posicionamento na rede, para captar un número suficiente de produtos e servizos, que faga atractiva e viable a plataforma. Por outra parte, require do desenvolvemento da propia ferramenta electrónica en software libre, que debe articularse con aplicacións de xestión de stock e con pasarelas de pago. Dita ferramenta debe contar cun deseño atractivo, que vincule a economía social á innovación e ao seus valores diferenciais. Finalmente, debe contemplar unha campaña de lanzamento que a dea a coñecer e capte público en xeral e persoas dispostas a comprar a través dela. Ademais da aposta das entidades que forman parte do proxecto e da aposta profesional das cooperativas do Tendal, buscarase o apoio da Administración Pública para facer fronte a este importante esforzo inicial, de forma que se alcance nun prazo dun ano o posicionamento e volume necesario para que o proxecto sexa sostible por si mesmo. Nunha segunda fase (segundo ano) e en base á experiencia dos primeiros pasos, abordarase a consolidación a través da fórmula xurídica que se considere máis adecuada, sendo a de cooperativa de segundo grao unha das posibilidades a contemplar. |
|||||||||||||||||||||
Quen? Este proxecto está impulsado e coordinado polo grupo cooperativo O Tendal, creado para fortalecer a capacidade comercial da economía social galega. Forman parte del as cooperativas Ítaca Software Libre, O Cable Inglés, Xedega e Cidadanía (www.otendal.es). Este equipo encargarase de desenvolver tecnicamente o proxecto. |
|||||||||||||||||||||
Como sumarse? A forza deste proxecto virá das entidades que poidamos sumar. Pódese facer parte de diferentes maneiras: |
|||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
Quedamos á vosa disposición para calquera consulta.
|
|||||||||||||||||||||
Ana Rosa Lorenzo Vila
Móbil: (34) 627-570947
Tfno.: (34) 981-589269 ana.lorenzo@cidadania.coopCidadania, Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega Rúa Corredoira das Fraguas 5-1º esq. 15.703 Santiago de Compostela (A Coruña) |
|||||||||||||||||||||