Arrancou unha nova edición do Proxecto Semente, no que Ugacota segue a colaborar co Concello de A Coruña nas tarefas formativas por terceiro ano consecutivo.
Semente fomenta a iniciativa emprendedora cooperativa, nos nenos e nenas de entre 8 a 11 anos, dos centros educativos da cidade da Coruña.
Cada grupo participante no programa crea e xestiona unha empresa, baixo o modelo dunha cooperativa. Escollerán e nomearán aos seus portavoces e representantes, e elaborarán os produtos. Simularán a realización dos trámites que realiza calquera empresa real: como a elaboración dos estatutos sociais, a solicitude do CIF, a solicitude de licencia para a venda, etc. Da mesma maneira o alumnado decidirá o capital inicial e os produtos a elaborar, entre outras cuestións.
Para finalizar, e coincidindo co fin do curso académico, o proxecto pecharase coa venda dos produtos realizados por cada grupo/cooperativa nun Mercado Cooperativo Escolar (o recadado destinase a actividades culturais, lúdicas e a contribucións solidarias a outros colectivos da cidade).
SEMENTE proporciona, neste sentido, un contexto práctico no que abordar de forma transversal algunhas das materias que se traballan na escola, como son: lingua española, lingua galega, matemáticas, coñecemento do medio, plástica, informática; ao tempo que, achega o mundo da empresa e as relacións laborais aos primeiros niveis educativos, favorecendo o desenvolvemento de competencias e adquisición de coñecementos e hábitos vinculados á cultura emprendedora e ao cooperativismo.
Este ano participarán 14 grupos, pertencentes a 10 colexios.