Sodes unha cooperativa que desenvolve actividades de turismo sostible?
A túa cooperativa contribúe a poñer en valor o patrimonio local, cultural e natural?
Se é así, convidámosvos a participar no proxecto CoopRoute ou Ruta Europea da Cultura Cooperativa.
Iniciativa liderada por CECOP-Cicopa (Confederación Europea de Cooperativas de Produción e de Traballo Asociado) e apoiada por organizacións cooperativas de dezasete estados europeos, entre as que se atopa COCETA (Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado), ten por obxectivo crear unha ruta europea que faga visible a contribución que realizan as cooperativas, no eido do turismo sostible.
A Cooproute estará formada por cooperativas arraigadas no territorio con actividades económicas que contribúen a preservar os produtos e hábitos locais (rutas turísticas de interese, patrimonio cooperativo de interese cultural, social ou industrial, procesos produtivos tradicionais, etc.).
Requisito: que na cooperativa, unha persoa domine o inglés.
Como participar: cubrir o cuestionario (en ingles), achegando unha información o máis completa posible e envialo a confederacion@coceta.coop (con copia a ugacota@ugacota.coop)
Prazo: antes de día 5 de maio de 2014
Para máis información dirixirse a confederacion@coceta.coop ou cristina@coceta.coop
Referencias : copia e pega as url na barra de direccións do teu navegador
Descarga o cuestionario de adhesión: https://espazo.coop/wp-content/uploads/2014/04/Cuestionario-en-inglés.doc
Proxecto: http://www.cecop.coop/Join-in-be-part-of-the-European
CECOP/CICOPA: http://www.cecop.coop
COCETA: http://www.coceta.coop