Dende o PONT-UP STORE chéganos a ligazón ao programa de actividades desta edición.
Como saberedes a Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora deste evento e celebraremos nel varias iniciativas propias:
1| Taller ‘Canvas Social’ : presentación desta ferramenta tecnolóxica que nos axudará tanto na creación, como na consolidación, de proxectos multisectorias que empreguen modelos empresariais e organizativos basados nos principios do cooperativismo, da economía social e solidaria. | Xoves 20/setembro de 11.30 a 13.00 horas | Descrición da actividade – Inscrición
2| Aceleradora de Proxectos de Economía Social : presentación deste Programa, de formación e asesoramento a proxectos de economía social, tanto de nova creación, como para consolidar proxectos que xa están en marcha. | Venres 21/setembro de 10.00 a 11.30 horas | Descrición da actividade – Inscrición
3| Itinerarios de formación e asesoramento para crear emprego a través da fórmula cooperativa: presentación deste Programa | Venres 21/setembro de 12.30 a 13.30 horas|Descrición da actividade – Inscrición
Destacamos ademais que, no espazo para stands estarán participando as cooperativas:
– Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega | Servizos integrais de arqueoloxía | www.facebook.com/ArboreArqueoloxiaXestion
– Espacio Matrioska | Proxecto de dinamización, produción, axitación e xestión cultural | www.espaciomatrioska.com
No Puntazo Exprés presentará o seu proxecto :
– Amarelas s. coop. galega | Proxecto socio-edu-eco-ludo-turístico heteroxéneo e dual que desenvolve actividades de turismo e ocio en Galicia | www.amarelas.es
No espazo central, organizado pola Rede Eusumo, haberá Laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social, dirixidos a público de 6 a 10 anos, e no Palco do recinto presentaranse Músicas ao Vivo s. coop. galega, actividade dirixida especialmente ás persoas profesionais do ámbito cultural.
PROGRAMA COMPLETO
Aquí vos deixamos o Programa completo para descargalo e consultalo, e un índice resumo.
Agardamos que vos agrade este ambicioso programa repleto de novidades e poder compartir con vós estas actividades.
ÍNDICE RESUMO do contido do PROGRAMA do 20 ao 22/set.