O xoves 15 de decembro celébrase unha reunión de traballo do Pleno do Consello Galego de Cooperativas (Cogaco), no que participamos as asociacións de cooperativas, ademais doutras entidades. O Cogaco é un órgano de promoción e fomento do cooperativismo da Xunta de Galicia, ademais dun órgano consultivo e asesor da Administración galega para os temas cooperativos. A Unión de Cooperativas ten representación no Cogaco, facemos parte del e somos convocadas periodicamente, levando a cabo funcións de representación das cooperativas socias da Unión e do sector en xeral.
Para o Pleno do xoves están previstos tratar estes temas que destacamos, ademais doutros:
- A aprobación dun Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas Galegas elaborado polo Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop) da Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia.
- As Convocatorias 2017: Premios á Cooperación; Certame “Cooperativismo no Ensino” e o nomeamento de representantes no xurado; Subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais, e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para fomento do cooperativism e a economía social; e a convocatoria das subvencións para fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol – economía social).
- Balance 2016 das actuacións realizadas para promocionar o cooperativismo e a economía social.
- Proposta do Cogaco 2017 para celebrar actos de promoción do cooperativismo e da economía social.