Un ano máis ESPAZOCOOP mantén un Convenio de Colaboración co CONCELLO da CORUÑA para fomentar o cooperativismo e a economía social. No desenvolvemento deste colaboración a Unión está executanto e implementando un Plan de Traballo con varias liñas de accións :
Seminarios de difusión do cooperativismo | Na educación secundaria e formación profesional
Os seminarios ‘E ti, coñeces a fórmula? ‘ fanse entre os meses de outubro a decembro, realizaremos 13 seminarios, de 4 horas de duración cada un, en colaboración cos seguintes centros de ensino do Concello da Coruña:
- Colexio Andaina
- CIFP Imaxe e Son
- CIFP Someso
- IES Fernando Wirtz
Estas sesións teñen como obxetivo realizar divulgación cooperativa, dar a coñecer e practicar cas ferramentas para a constitución dunha cooperativa, e amosar casos prácticos: boas prácticas e oportunidades.
Seminarios de divulgación do cooperativismo | Para persoas participantes en itinerarios para o emprego
A programación para esta actividade comprende 8 seminarios, de 4 horas de duración cada un, que se realizarán ata o o mes de decembro, en colaboración coas seguintes entidades do Concello da Coruña:
- ACOPROS
- UXT
- COGAMI
- Ecos do Sur
- Fundación Juan Soñador
O programa trata o emprendemento colectivo e as fórmulas empresariais da economía Social; O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego, os seus Principios e valores cooperativos; As persoas socias e a Organización interna; e por último o Financiamento interno e externo e Experiencias cooperativas.
Seminario ‘ Potencialidades da Economía Social e o Cooperativismo como xeradores de emprego de calidade’ | Formación para persoal técnico
Trátase dun obradoiro de 20 horas de duración que se impartirá entre o 27 de novembro e o 18 de decembro, dirixido a persoal técnico de entidades que traballen nas áreas de emprego e inserción laboral da Coruña. Máis información aquí.
Acompañamento a proxectos cooperativos | Para a posta en marcha e consolidación
Apoio a varios proxectos cooperativos e pre-cooperativos do Concello da Coruña ao longo do ano.
A colaboración coa entidade municipal é unha boa oportunidade tanto de cumprir o obxetivo de impulsar e fomentar o cooperativismo no Concello, como para crear redes de colaboración, vínculos e coñecemento mutuo con outras entidades e axentes sociais da cidade que potencian e contribúen aos resultados, tamén de cara a xerar novas alianzas e proxectos comúns co tecido organizativo da cidade.