A Deputación de Pontevedra pon en marcha un Plan de práctica laboral, en colaboración coas empresas do sector privado da provincia de Pontevedra, para mozos e mozas titulados/as universitarios/as e de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa formación, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado de traballo.
O Plan articularase mediante un total de 400 bolsas de práctica laboral de entre 700 e 800 € ó mes durante un período de 6 meses prorrogables por outros seis.
Empresas beneficiarias : empresas privadas da provincia de Pontevedra, sexa cal sexa a súa forma xurídica e sector económico.
A Deputación asume o financiamento do plan, a distribución e asignación das bolsas entre as empresas solicitantes, a selección dos bolseiros/as, a adxudicación das bolsas, o pagamento da correspondente axuda ou subvención ós bolseiros/as e á cotización á Seguridade Social.
Prazo de solicitudes : 7 de abril de 2014