8º FORO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL
Cooperativas de Ensino! Convidámosvos a participar nesta actividade co voso alumnado!
A Sectorial de Ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop colabora na organización do 8º FORO INTERCOMUNITARIO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL que se promove dende a cooperativa Claimo (Colexio Alborada – Vigo) e o Institut El Cairat (Barcelona) para os días 22, 23, e 24 de novembro en Vigo.
Os colexios cooperativos aínda estades a tempo de sumarvos a esta iniciativa que é portadora de valores e competencias cooperativas, e que resulta ser unha experiencia moi enriquecedora para toda a comunidade educativa.
>> Que se busca?
Promover a investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación
Preténdese promover a investigación entre o alumnado, empregando a aula, o laboratorio, o entorno e os medios materiais axeitados para adquirir as competencias básicas e motivalas no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, etc., ademais de divulgar esta experiencia á comunidade escolar para que tamén se sumen a este tipo de actividades.
E que outros obxetivos ten?
– Potenciar a investigación das alumnas e alumnos de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio do alumnado.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes comunidades.
>> Quen pode participar?
– As Cooperativas de Ensino e outros Centros de Ensino
– O alumnado de secundaria, estudiantes da ESO (entre 1º e 4º)
– Excepcionalmente alumnado da última etapa de primaria (quinto e sexto)
>> Como é a divulgación dos Traballos de Investigación no Foro?
Os traballos se expoñen mediante presentación oral co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os, durante un máximo de 10 minutos (co apoio de power point, prezi…)
>> Cales son os ámbitos dos traballos?
Os ámbitos dos traballos están abertos a calquera tema que fora investigado e estudado con rigor e seguindo as pautas do método científico.
>> Onde e cando se celebra o Foro?
Lugar: Vigo (pendente de pechar a sede) | Días: 22, 23 e 24 de Novembro de 2018
(Os días 22 e 23 destinados á actividade divulgadora do Foro, e o 24 destinado a unha visita cultural opcional)
>> Inscrición
Para participar no 8º Foro simplemente tes que cubrir a seguinte ficha de inscrición neste enlace: INSCRICIÓN – Prazo: Antes do 3 de Outubro de 2018
En edicións anteriores xa participaron colexios cooperativos asociados a EspazoCoop como o Colexio Santiago Apostol, Colexio Abrente, Colexio Possumus ou o Colexio Alborada, así que animámoste a participar nesta experiencia, podes contactar con :
Alberto García do Colexio Alborada que estará á vosa disposición para apoiarvos na participación e resolver as dúbidas que vos xurdan: alberto_garcia05@hotmail.com – 605 887 853
Na Unión de Cooperativas EspazoCoop tamén quedamos á vosa disposición.
—
Links de interese sobre Foros anteriores:
7º Foro Investigación Xuvenil (Programa)