O Consello Reitor da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA, convocou ás socias para celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria de 2013, o sábado 29 de xuño na cooperativa Aurora dos Camiños, en San Martiño de Ozón, 26 Muxía (A Coruña).
Coa Asemblea, aproveitouse, non só para examinar e tratar os temas propios da Asemblea Xeral, senón tamén, para afianzar o intercambio e o coñecemento mutuo entre as cooperativas socias. Habilitouse un espazo para unha pequena exposición dos materiais das cooperativas socias, para dar a coñecer os seus produtos e/ou servizos. Tamén se ofreceron servizo de gardería para as nenas e nenos e un xantar de confraternización ao rematar a Asamblea.