Vila Real recibe seminario de presentación das axendas setoriais Turismo e TIC.

Para chegar ao reino da economía social

“Para chegar ao reino da economía social” é o nome do seminario organizado polo proxecto Laces – Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social, que se realizará o próximo día 17 de outubro de 2019, en Vila Real (Portugal). O seminario terá duas partes distintas.

De mañá, no Museu da Vila Velha, serán presentadas dúas axendas sectoriais: a axenda sectorial do Turismo, elaborada pola UTAD; e a axenda sectorial das tecnoloxías de información e comunicación – TIC – responsabilidade da Unión de Cooperativas Espazo Coop, Galiza.

Estas dúas axendas resultan dunha reflexión sobre os mellores camiños a seguir no sector da economía social para as áreas do turismo e das tecnoloxías de información e comunicación na Eurorrexión da Galiza e Norte de Portugal, e fan parte dun conxunto de oito axendas sectoriais desenvolvidas no ámbito dos Laboratorios para a Identificación de Oportunidades de Negocio do proxecto Laces.

As axendas teñen como obxetivo o fomento da creación e consolidación de empresas de economía social en sectores emerxentes, aliñados con a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) da rexión Norte de Portugal, Galiza e da Eurorrexión. Aínda durante a mañá, serán presentados algúns proxectos – portugueses e galegos – inspirados pola premisa “hai economía alén da economía convencional?”.

Na segunda parte do seminario haberá unha “degustación” práctica de turismo: serán visitados algúns espazos da cidade de Vila Real que alían a historia, a cultura e contemporaneidade con o turismo, o desenvolvemento e a creación de negocios.

// O seminario está aberto a todxs xs interesadxs de forma gratuíta, podendo facer a inscrición para participar no mesmo a través do  formulario disponible AQUÍ

Este seminario está inxerido no Laces, un proxecto de cooperación transfronteiriza que quere contribuír ao desenvolvemento e consolidación da economía social na Eurorrexión da Galiza e Norte de Portugal, proporcionando un salto cuantitativo na súa capacidade de xerar e consolidar emprego a través da execución de programas piloto para a competitividade e estímulo ás empresas de economía social no espazo transfronteirizo.

O proxecto Laces é cofinanciado a 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no ámbito do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.