A cooperativa CIDADANÍA precisa incorporar proximanente unha persoa para desenvolver tarefas de xerencia empresarial, e apoio aos proxectos de participación, consultoría e formación que desenvolve.
- Requírense estudios universitarios e experiencia en xestión de empresas de economía social.
- Valorarase coñecementos en procesos de contratación pública e experiencia de traballo en equipo.
- Dominio de idioma galego (falado e escrito).
- Centro de traballo en Santiago de Compostela.
- Para incorporación en setembro de 2018.
- Prazo de recepción de CV: ata 31 de xullo de 2018. Enviar a: cidadania@cidadania.coop
Cidadanía é unha cooperativa de profesionais das ciencias sociais que desenvolve labores de consultoría, participación social, investigación e formación. A democracia é o corazón do proxecto profesional de Cidadanía.
Ademais, realizan labores de investigación social e consultoría pública para organizacións e Administracións Públicas principalmente. Tamén desenvolven labores de formación, sobre todo nos ámbitos de mellora organizativa para entidades sen ánimo de lucro e da Economía Social.