A cooperativa Mulleres Colleiteiras para a recollida de aceite vexetal usado confórmase no ano 2015 co obxetivo principal de dar acceso laboral a mulleres en situación de maior desvantaxe social que outras persoas. Co apoio de Arquitectura sen Fronteiras o proxecto céntrase na formación de mulleres para que melloren as súas habilidades sociais no ámbito laboral, servindo esta actividade como soporte para a realización de prácticas prelaborais.
A día de hoxe, a actividade da cooperativa vaise consolidando a través do aumento da recollida de aceite e converténdose nunha alternativa real de autoemprego para mulleres. Agora existe a posibilidade de incorporar a unha socia traballadora máis ao proxecto, neste enlace descríbense as condicións.
Perfil: Muller en desemprego, con formación básica e carnet de conducir B1 para manexo de furgoneta.
Valorarase: Capacidade de traballo en equipo, coñecemento e identificación cos valores cooperativos, experiencia de traballo anterior ou capacidade de planificación, entre outras.
Lugar: Oleiros (A Coruña).
Enviar cv ata o 26 de Xaneiro de 2017 a : mullerescolleiteiras@gmail.com – asunto: ‘ Persoal Mulleres Colleiteiras’